17.6.18

PARQUE DE SAN PEDRO



O 1 de xuño de 2018 fomos ao Monte de San Pedro. Aló contáronnos cousas sobre os animais e as plantas. 
Vimos algúns merlos, unha lavandeira branca, gaivotas patiamarelas, andoriñas, pardais, pegas, corvos e un pato lavanco. 
Laura, a monitora, amosounos un niño de merlo e outro de lavandeira amarela e moldes de xeso de pegadas dalgúns mamíferos.
Tamén nos aprendeu a recoñecer arbustos como o toxo e o romeu e flores como os croques, e que existen plantas invasoras como o eucalipto.
Pero o que máis nos gustou foi poder ver- despois de moito buscar- o lagarto arnal!
Pasámolo moi ben!
Nenas e nenos de 2º

Ningún comentario: