25.6.18

FESTIVAL FIN DE CURSO 2017-2018


CON ESTE FESTIVAL POÑEMOS FIN A ESTE CURSO DESPEDINDO COMO SEMPRE AO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA.ESPERAMOS QUE VOS VAIA TODO MOI BEN NA VOSA NOVA ETAPA.
ATA SEMPRE!!
AOS DEMÁIS INFORMÁRVOS QUE AS CLASES COMEZARÁN DE NOVO O 12 DE SETEMBRO.
BO VERÁN!!

20.6.18

CARAPUCHIÑA VERMELLA


ÚLTIMA FUNCIÓN DE TÍTERES NESTE CURSO A CARGO DO ALUMNADO DE 6º E.P. E BAIXO A DIRECIÓN DE CARMEN ( ERES GRANDE TEACHER).
ESTA VEZ REPRESENTARON "CARAPUCHIÑA VERMELLA".
FIXÉRONNO MOI BEN!!
ÍMOLOS BOTAR DE MENOS!

17.6.18

PARQUE DE SAN PEDRO



O 1 de xuño de 2018 fomos ao Monte de San Pedro. Aló contáronnos cousas sobre os animais e as plantas. 
Vimos algúns merlos, unha lavandeira branca, gaivotas patiamarelas, andoriñas, pardais, pegas, corvos e un pato lavanco. 
Laura, a monitora, amosounos un niño de merlo e outro de lavandeira amarela e moldes de xeso de pegadas dalgúns mamíferos.
Tamén nos aprendeu a recoñecer arbustos como o toxo e o romeu e flores como os croques, e que existen plantas invasoras como o eucalipto.
Pero o que máis nos gustou foi poder ver- despois de moito buscar- o lagarto arnal!
Pasámolo moi ben!
Nenas e nenos de 2º

16.6.18

TEATRO ESCOLAR





NO COLE POIDEMOS DISFRUTAR DESTAS DÚAS DIVERTIDAS OBRAS DE TEATRO:
"A BURLA A VIRXILIA" REPRESENTADA POLO ALUMNADO DE 4º E.P. E "UN PAÍS SIN NOMBRE" REPRESENTADA POLO ALUMNADO DE 6º E.P.

15.6.18

THE GINGERBREAD MAN


ALUMNADO DE 6º CURSO COA COLABORACIÓN DE MAEVA E CLAUDIA DE 4º CURSO, REPRESENTARON PARA OS MÁIS PEQUENOS DO COLE O CONTO EN INGLÉS "THE GINGERBREAD MAN"

12.6.18

KICIRKE


HOXE POIDEMOS DISFRUTAR DESTE PEQUENO TEATRO AMBULANTE.
PASÁMOLO MOI BEN.

9.6.18

OBRADOIRO SOBRE O MONTE E ILLAS DE SAN PEDRO



O día 31 de maio, na clase, os nenos e nenas de 2º de Primaria, fixemos unha actividade con Laura, unha monitora. Gustounos moito.
Vimos un audiovisual sobre animais e plantas que viven no Monte e nas Illas de San Pedro e fixemos un mural sobre estes ecosistemas da cidade. 
Laura Fernández Bello

4.6.18

O ALUMNADO DE 3 ANOS VISITA "BELAS ARTES"


OS MÁIS PEQUENIÑOS DO COLE VISITARON O MUSEO DE "BELAS ARTES"

2.6.18

MAR DE PLÁSTICO


O PROXECTO "MAR DE PLÁSTICO" FOI REALIZADO POR TODAS AS AULAS DE ED. INFANTIL E 5º E 6º DE ED. PRIMARIA EN COORDINACIÓN COA UNIVERSIDADE DA CORUÑA.
TODA A OBRA ARTÍSTICA TIVO UN TRABALLO PREVIO DE SEMANAS NO COLEXIO E FINALMENTE FOI EXPOSTA NA PRAZA DE Mª PITA.ALÍ POIDEMOS DESFRUTAR DE VARIOS XOGOS COS PLÁSTICOS E FINALMENTE ENTRAR DENTRO DA OBRA PLÁSTICA E ASINALA POR FORA.
PASÁMOLO MOI BEN.
GRAZAS AS FAMILIAS POR COLABORAR E ACOMPAÑARNOS.

28.5.18

MAXIA!


DENTRO DO PROGRAMA "AO NOSO XEITO , TODO O COLEXIO POIDEMOS DESFRUTAR DESTE SHOW DE MAXIA NO QUE O PASAMOS MOI BEN.

LIBRO VIAXEIRO.

O libro viaxeiro do noso cole xa está de volta despois de visitar ao CEIP "Emilia Pardo Bazán".
Estas son as súas aportacións.

27.5.18

PERROS E LETRAS


FINALIZA POR ESTE CURSO ESTA EXPERIENCIA MARABILLOSA COA CANCIÑA NORA, XOGUETONA, SOCIABLE E FELIZ DE ESTAR COS NENOS E NENAS NA SÚA APRENDIZAXE LECTORA.
GRAZAS NORA!!