Amosando publicacións coa etiqueta Infantíl e primaria. b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Infantíl e primaria. b>. Amosar todas as publicacións
21.12.11
FESTIVAL DE NADAL 2011
Hoxe celebramos no cole o Festival de Nadal.Todos/as o fixeron moi ben e pasámolo estupendamente.Viñeron moitos pais a vernos o cal é de agradecer.
E con isto rematamos o 1º trimestre do curso desexando que pasedes unhas Felices Festas e teñamos todos un bo ano 2012.
Voltamos o 9 de xaneiro.
26.10.11
A MASCOTA DA BIBLIOTECA.
Aquí deixamos a exposición dos debuxos realizados en cada aula para elixir unha mascota para a biblioteca.
Todos votamos á que máis nos gustaba.
Podedes ver tamén os reultados así como a mascota que resultou gañadora e nome elixido para ela.
Agora queda confeccionala para poñela na biblioteca.
Todos votamos á que máis nos gustaba.
Podedes ver tamén os reultados así como a mascota que resultou gañadora e nome elixido para ela.
Agora queda confeccionala para poñela na biblioteca.
10.10.11
MES INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Durante o mes de outubro celébrase o Mes Internacional da Biblioteca Escolar.Festexar dita efeméride convírtese nun acto didáctico e lúdico cuxo obxectivo é resaltar a importancia das bibliotecas escolares,presentando dito recurso á comunidade educativa como un lugar de encontro activo e de achegamento ao pracer da lectura.
2.10.11
22.9.11
HOXE CHEGOU O OUTONO
22.6.11
PECHAMOS POR VACACIÓNS
Hoxe,despois de todo un curso,dicimos adeus,que non significa "ata nunca"senon que vai cheo dun eterno "ata logo"tanto para os que voltamos en setembro coma para aqueles que nos deixan e comezan unha nova etapa na súa vida, a saber:-Os alumnos/as de 6º curso.
-As nosas compañeiras Elvira,Sita e Isabel.
Para todos desexamos un feliz verán
¡UNHA APERTA!
21.6.11
17.5.11
DÍA DAS LETRAS GALEGAS:LOIS PEREIRO
Hoxe celebramos en Galicia o día das Letras Galegas.Este ano está adicado ao escritor Lois Pereiro.
Neste vídeo podemos ver algunhas pinceladas sobre a súa vida e obra.
CONCURSO DE CARTEIS SOBRE AS LETRAS GALEGAS
Con motivo da celebración das Letras Galegas,fixemos un concurso de carteis.Aquí tedes os gañadores do concurso máis o resto dos carteis que se presentaron.
TEATRO DE TÍTERES:"O PEQUENO ABETO"
Ao longo de toda a semana pasada e con motivo da celebración das "Letras Galegas",os alumnos/as do colexio foron pasando pola biblioteca para ver un teatrillo de títeres en galego sobre o conto de "O pequeno abeto".
9.5.11
DÍA DE EUROPA

Un día coma hoxe,9 de maio de 1950,Robert Schuman,presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada,requisito indispensable para o mantemento das relacións pacíficas.
O 9 de maio convertiuse nun símbolo europeo,que,xunto coa moeda única(euro),a bandeira e o himno,identifican a entidade política da Unión Europea.
6.5.11
LA VUELTA AL MUNDO EN MENOS DE UNA HORA
Hoxe,6 de maio,asistimos no noso cole á actuación de "La Haima de Hamed"co seu espectáculo:"La vuelta al mundo en menos de una hora".
Viaxamos polos continentes,escoitando,cantando e bailando.
23.4.11
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR
Hoxe, 23 de abril, celebramos o "Día do Libro e o Dereito de Autor", a nivel internacional,co obxetivo de fomentar a lectura,a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
Este ano facemos especial mención a Andersen polo que, a continuación,podedes ver un vídeo sobre o seu conto "El soldadito de plomo"en versión galega.
Este ano facemos especial mención a Andersen polo que, a continuación,podedes ver un vídeo sobre o seu conto "El soldadito de plomo"en versión galega.
22.4.11
DÍA DA TERRA
Hoxe,22 de abril,celebramos o día da TERRA.
A terra é ese lugar fermoso nos que todos vivimos, e polo tanto, todos debemos coidar para poder seguir desfrutando del.
15.4.11
4.4.11
28.3.11
DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO
Onte,27 de marzo,conmemorouse o Día Mundial do Teatro.Este día creouse en 1961 polo Instituto Internacional de Teatro(ITI) e, a comunidade de teatro internacional.Pero a celebración máis importante está nas nosas mans:acudamos ao teatro,a unha plaza,a un café, alí onde as personaxes nos trasladen a unha historia que non é a súa...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




