2.5.18

O ALUMNADO DE 4 ANOS APRENDEMOS A FACER LA


O alumnado de 4 anos estamos facendo un proxecto sobre as ovellas e tivemos a sorte de que nos poidera visitar Natalia, unha tecedora que forma parte dun proxecto de la chamado "Carriolá".
Explicóunos o proceso.Prmeiro hai que esquilar á ovella e lavar ben a la. Todos os nenos escarpullaron o seu anaco de la para despois peinala cuns peines chamados "cardas".Unha vez peinada hai que sacar a la despacio para formar o que se chaman "filloas".Éstas vanse enroscando sacando un fío para ir formando a la cun fuso, parafusa, a man ou cunha rueca quedando desta maneira menos lisa que si se fai con máquina.
Despois pódese teñir a la de cores utilizando follas de árbores, froitas, alimentos...
A continuación xa podemos tecer gorros, xerseis, bufandas....
En agradecemento os nenos fixéronlle unha ovelliña  e o Centro agasallóuna cuns bombóns.
Gustóunos moitísimo esta actividade!!
Moitas grazas Natalia!!

Ningún comentario: