24.1.18

2º E.P. VISITA A FUNDACIÓN "LUÍS SEOANE"


O mércores 17 de xaneiro os nenos e nenas de 2º visitamos a Fundación Luís Seoane.
Na primeira parte da visita explicáronnos como se imprime un libro e en que consiste o traballo dos distintos profesionais que participan nesta actividade, destacando o labor de Luís Seoane como deseñador. 
A continuación, vimos a Sala Permanente de Luís Seoane, onde, observando algunhas das súas pinturas, aprendimos que técnicas utilizaba, cales eran os seus temas preferidos e como combinaba as cores.

Por último, participamos nun divertido obradoiro no que, inspirándonos nos álbums dos Huacos do fotógrafo Horacio Coppola, creamos en equipo as nosas Cabezas Tolas. 

Ningún comentario: