2.2.15

2º E.P. VISITA A BIBLIOTECA "SAGRADA FAMILIA"

O 30 de xaneiro as nenas e nenos de 2º participamos no xuízo ao Lobo Feroz na Biblioteca da Sagrada Familia . Algunhas das bibliotecarias querían expulsar ao lobo de todos os contos por asustar aos lectores .Para demostrar que tiñan razón, léronnos poesías e contos nos que o lobo era un personaxe malvado pero tamén outros sobre lobos inxenuos e bondadosos .Ao final , pesaron máis as probas en favor do lobo , que quedou absolto .Unha vez sinada a sentenza , contamos entre todos Os tres porquiños coa axuda de ilustracións. Para rematar, fixemos un xogo en equipo para recordar o que aprendemos na visita e puidemos disfrutar dos libros que eleximos .

Ningún comentario: