O mércores 9 de abril os nenos e nenas de 1º
estivemos no MAC
para participar na actividade Fantasmagorías e
comprobar que as novas tecnoloxías están moi presentes na arte contemporánea.
Comezamos dando un paseo para coñecer e
comentar algunhas fotografías de cidades de Paco Gómez . Á artista María
pedíronlle que debuxara unha xoaniña . Logo de fotografala e usando un pequeno
proxector, vimos como a xoaniña aparecía na obra Tapia
e árbore coma se fora un graffiti !
Nesta
exposición tamén había obras que se proxectaban sobre as paredes da sala .
Gustounos moito unha instalación que representaba unha praia : había un areeiro
de verdade e na proxección as ondas do mar traían cadros antigos !
Para
rematar fixemos un divertido taller artístico onde aprendimos a proxectar
imaxes para crear obras de arte . Utilizamos uns proxectores que son moi
fáciles de fabricar na casa . Regaláronnos algunhas pezas para que poidamos
facer un para a aula e poder dese xeito recuperar as cabezas que desapareceron
dalgunhas das nosas fotos !
Ningún comentario:
Publicar un comentario