25.4.13

VISITA Á BIBLIOTECA DA SAGRADA FAMILIA DA AULA DE 5º DE E. INFANTIL

Hoxe os nenos/as de 4 anos visitaron á Biblioteca Municipal da Sagrada Familia. Aprenderon a distinguir entre libros de ficción e libros de información, e a clasificar os contos segundo as iconas que usan as bibliotecarias: libros con sorpresa, con música, para ler sos, para que lea un adulto a un neno/a...Para rematar houbo tempo libro para escoller contos e sentarse un ratiño nas mesiñas ou nos sofas pequniños (que moito gustaron a algún).Grazas á profe de inglés pola súa compaña.


Ningún comentario: