16.6.12

OS MAIORES AXUDAN AOS NENOS/AS DE 3 ANOS

Os "maoires" do colexio axudaron aos pequenos a facer unha xoaniña, a mascota que  acompañou aos nenos na actividade "Enseñar a pensar" durante todo o curso. Fomos gardando  botes das merendas, e despois de lavados, os grandes axudaron aos pequenos a forralos e pintalos de vermello nunha primeira sesión.. Despois de estar secos os botes voltaron outro día e axudaron a encher a xoaniña de arroz, pechala con cinta aislante e adornala con pintiñas negras. Todos o pasaron moi ben e houbo tempo para facer amigos e ata de lembrar a etapa de infantil e voltar a xogar coa plastilina todos xuntos.

Ningún comentario: