16.5.12

NENOS E NENAS DE 1º VISITAN OS XARDÍNS


O 10 de maio os nenos e nenas de 1º fomos aos Xardíns de Méndez Níñez para descubrir cos nosos monitores quen vive nese lugar da cidade.
Estes xardíns inaugurarónse en 1868 na honra do mariño galego Méndez Núñez despois do recheo do que era o areal dos Cantóns.Primeira sorpresa:¡Estabamos pisando o que fora unha praia!
Despóis de organizarnos e comentar as normas que tiñamos que cumprir para axudar a coidar dos seus habitantes ( vaia carreiras que nos demos para conseguilas), convetímonos en exploradores.Seguindo un plano, fomos localizando as estatuas que decoran os xardíns:Pondal, o doutor Hetvada,Juan Fernández Latorre (Natali lembrounos que vive na rúa que leva o seu nome),Murguía (axiña simpatizamos con él que para iso foi o home da nosa Rosalía de Castro), Castelao ( o que fixo a caricatura de Valentín Paz Andrade que temos na clase), concepción Arenal...Despois do paseo puidemos sentarnos, coñecer algo máis sobre as personaxes anteriores e completar o noso cadernillo de investigación cuns adhesivos moi xeitosos.
Pero aínda faltaba o máis emocionante.Hai moitos, moitos anos, vivía nun teixo sagrado deste xardín...un druida que fixo unha apócema máxica para atopar amigos e amigas que o acompañesen.Xuntos buscamos todos os ingredientes que o druida utilizara: a folla do plátano de paseo para ter un amigo con quen pasear, a folla do magnolio para que a amistade fora moi grande e durara para sempre e a folla da camelia para que o seu amigo lle fixese compaña e non se separase del.Aínda que non logramos ver ao druida, sabemos que a apócema funcionou e rematou tendo moitas amigas e amigos que coma nós, están dispostos a coidar e a repectar a súa casa.
Despois de pasar por un exame que todos aprobamos,regresamos ao cole cos nosos amigos do María Barbeito, que compartiron esta xornada con nós.Un saúdo para eles e as súas profes.

Ningún comentario: