19.4.12

SAÍDA Á BIBLIOTECA DA SAGRADA FAMILIA

O xoves 19 de abril os nenos/as de 3 anos visitaron a Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, convidados polo "Paxaro Ole", que vive alí. Foron mui ordenadiños, a compañados polo profesor de apoio , o de Educación Física e a titora. Na Biblioteca non estaba "Ole", e houbo que iniciar unha pescuda, seguindo as plumas de cor azul para atopalo. Na compaña de Ole e as biliotecarias aprendimos cómo están ordenados os libros con iconas e cores, e escoitamos varios contos moi atentos/as. Despois houbo tempo libre para explorar a biblioteca e escoller cada neno/a un libro. O único contratempo foi que botouse a chover moito á hora de voltar á escola, e tivemos que agardar a que parase, entretidos escoitando dous contos máis. Cando parou de chover marchamos axiña, na compaña da titora de 2º, o profe  de Educación Física e a titora, chegando xusto cando empezaba a chover moi forte. Foi moi divertido!.

Ningún comentario: