1.9.11

¡BENVIDOS!

Benvidos a este novo curso escolar 2011/2012.
Os/as profesores xa estamos preparando as clases para recibiros o vindeiro día 12 de setembro.
Esperamos que as vacacións nos serviran a todos para cargarnos de enerxía.Aos profesores para cumplir coa nosa labore de ensinar, aos alumnos/as para cumplir coa súa labore de aprender e estudar, e, ás familias para que poidan colaborar con nós en beneficio dos seus fillos.
Tamén queremos dar a benvida aos alumnos/as e familias que se incorpran por primeira vez ao centro.
A través de este blog seguiremos informando das actividades que se fagan dentro e fora do centro durante o curso, polo que, se o seguides gustaríanos que deixarades os vosos comentarios nel.
O dito,¡BENVIDOS! e un abrazo cariñoso para todos.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

graciñas pola benvida e por seguir a traballar con esta ferramenta que nos achega os pais ao colexio e os nosos fillos.
unha petición:axudaríanos a todos nos que publicasedes no blog os horarios das clases, notas informativas, titorías. Unha foto dos novos profesores para saber con quen temos que falar no viria mal
abur

Anónimo dixo...

Estou dacordo sobre todo, coa publicación das notas informativas, os nenos(do curso do meu) todavía non saben si o que lles di a profe e tan importante para dicilo os pais o mesmo día e a veces a información chega tarde. Graciñas