Durante esta semana os alumnos e alumnas do noso centro traballaron en distintas actividades para coñecer a figura da gran escritora Rosalía de Castro, de quen o noso colexio recibe o nome.
Fixeron diversas actividades na Biblioteca, como por exemplo, a seguinte:
ACTIVIDADE Nº1
- Buscade os tres anacos que faltan para completar o poema.
- Unha vez localizados, ordenádeos.
- Averiguade o título do poema.
- Copiade as estrofas e poñede o título do poema ao que pertence. Facede un debuxo.
- Cada grupo leerá o seu poema ó resto da clase.
Ningún comentario:
Publicar un comentario