Onte 25 de maio, pola tarde puidemos desfrutar da festa que nos preparou a ANPA do cole.
Profes e alumnos de 6º organizaron tamén unha tómbola que tivo un gran éxito, os nenos/as divistíronse cos títeres e finalmente a ANPA ofreceu unha boa merendola a todos.Pasámolo moi ben
Hoxe o grupo de música "6 ARCOS" deleitounos coa súa música interpretando Clásicos de Sempre.
Estes músicos son integrantes da Orquesta Sinfónica de Galicia e son:Benjamín Smith, Dorothea Nicholas, alison Dalglish, Todd Wilamson, Ruslana Prokopenko e Julian Jil.
Seguindo coa semana conmemorativa, hoxe os alumnos de 6º representaron a obra de teatro:"¿Un aula moderna?.Estivo dirixida por Miguel (profe Ed- Física) e asistimos todos a vela.
Hoxe, Eva (Orientadora) e Noela (Audición e Linguaxe) seguindo o programa da semana conmemorativa do centro,fixeron un obradoiro sobre "Percusión Tradicional Galega" para o alumnado de Ed. Infantíl.
Coñecimos algúns instrumentos, tocamos a pandeireta,cantamos e bailamos.Estivo moi entretido.
O mércores 16 os nenos da clase de 3 anos realizaron a saída ao "Xardín de Méndez Núñez" dentro do programa de "Rutas Urbanas Animadas"do Concello de A Coruña. Na actividade coñecimos á"Nai Natureza", que ponse moi triste se non coidamos como é debido as plantas. Tamen coñecimos cousas do xardín a través dos sentidos: ulindo, tocando, vendo, probando...Para rematar tivemos un "exame" para comprobar qué cousas están ben feitas e cales non, respostanto con cartulinas vermellas ou azuis segundo qúe cousas debemos facer ou non para coidar o xardín e non incomodar á "Nai Natureza" .
O 16 de maio os nenos e nenas de 1º Ciclo visitamos o "Museo Arquelóxico"no Castelo de San Antón.A visita, guiada por alumnos da Escola de Turismo, contou cun recorrido por algunha das salas, donde os alumnos viron restos cerámicos atopados na cidade.Tamén viron diferentes armas relacionadas coa hostoria da mesma.
Participaron nun obradoiro de cerámica, donde puideron elaborar en plastilina difrentes obxectos e logo decoralos aplicando técnicas antigas.
Hoxe celebramos en Galicia o "Día das Letras Galegas".Dita data púxose a partir de 1863 na que se publicou en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro, marcando así, o "Rexurdimento" ou renacemento cultural galego.
Con dita data, cada ano faise unha homenaxe a unha personalidade diferente que é escollida pola Real Academia Galega.
Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a Valentín Paz Andrade.
O 10 de maio os nenos e nenas de 1º fomos aos Xardíns de Méndez Níñez para descubrir cos nosos monitores quen vive nese lugar da cidade.
Estes xardíns inaugurarónse en 1868 na honra do mariño galego Méndez Núñez despois do recheo do que era o areal dos Cantóns.Primeira sorpresa:¡Estabamos pisando o que fora unha praia!
Despóis de organizarnos e comentar as normas que tiñamos que cumprir para axudar a coidar dos seus habitantes ( vaia carreiras que nos demos para conseguilas), convetímonos en exploradores.Seguindo un plano, fomos localizando as estatuas que decoran os xardíns:Pondal, o doutor Hetvada,Juan Fernández Latorre (Natali lembrounos que vive na rúa que leva o seu nome),Murguía (axiña simpatizamos con él que para iso foi o home da nosa Rosalía de Castro), Castelao ( o que fixo a caricatura de Valentín Paz Andrade que temos na clase), concepción Arenal...Despois do paseo puidemos sentarnos, coñecer algo máis sobre as personaxes anteriores e completar o noso cadernillo de investigación cuns adhesivos moi xeitosos.
Pero aínda faltaba o máis emocionante.Hai moitos, moitos anos, vivía nun teixo sagrado deste xardín...un druida que fixo unha apócema máxica para atopar amigos e amigas que o acompañesen.Xuntos buscamos todos os ingredientes que o druida utilizara: a folla do plátano de paseo para ter un amigo con quen pasear, a folla do magnolio para que a amistade fora moi grande e durara para sempre e a folla da camelia para que o seu amigo lle fixese compaña e non se separase del.Aínda que non logramos ver ao druida, sabemos que a apócema funcionou e rematou tendo moitas amigas e amigos que coma nós, están dispostos a coidar e a repectar a súa casa.
Despois de pasar por un exame que todos aprobamos,regresamos ao cole cos nosos amigos do María Barbeito, que compartiron esta xornada con nós.Un saúdo para eles e as súas profes.