29.1.18

O ENTROIDO RIBEIRAO


Hoxe, o avó de Irina (alumna de 4 anos) veunos falar do "Entroido Ribeirao" no que él participa.
O Entroido Ribeirao é un verdadeiro museo etnográfico ao aire libre, unha festa onde se combina o antigo e o moderno, os ritos ancestrais paganos que dan comezo á primavera.
Neste entroido podemos encontar persoaxes como os VOLANTES que representan aos señores feudales.Portan unha máscara (caruta), un cinto con campaniños (esquilas), un traxe en cores vermello e amarelo e un pano con variedade cromática chamados "portugueses".O profe Javier prestouse voluntario para poñer o traxe e dous alumnos, Gabriela ( 3 anos) e Diego (4 anos) puxeron o cinto axeitado para eles.
Os VOLANTES van acompañados dos MARAGATOS que son os que os protexen.Vístense de animais e abren paso para que poida pasar o PUCHO.O PUCHO é un elemento decorativo impresionate con moitas cintas e flores de varias cores;tamén é moi pesado.
Hai unha representación dos OFICIOS a cargo dos MECOS que fan unha crítica aos estereotipos que se repiten na vida cotiá.
Co CHORO do PUCHO remata a festa.
Moitas grazas a Ignacio por mostrarnos e explicarnos este entroido.
Quedamos abraiados!!

Ningún comentario: