8.3.13

A ESCOLA DE DOLORIÑAS



Co motivo de celebrar o Día da Muller, todo o cole decidiu escoller a unha muller que lle dera nome a algunha rúa da Coruña. Nas aulas de Infantil entusiasmámonos coa pintora Julia Minguillón e a súa obra máis famosa: “A escola de Doloriñas”. Para “meternos” dentro do cadro primeiro observámolo atentamente e logo tentamos colocarnos como as persoas que alí aparecían. Ademáis, aportando cada neno/a o seu autorretrato, compuxemos un mural parecido ao cadro. Non perdades detalle!! Foi un traballo divertido pero rigoroso!!

Ningún comentario: