20.3.13

2º PRIMARIA VISITA A BIBBLIOTECA "SAGRADA FAMILIA"

O luns 18 de marzo  os nenos e nenas de 2º fomos á Biblioteca da Sagrada Familia para participar nun xuízo . O acusado era o Lobo Feroz . As bibliotecarias querían expulsalo dos contos por enganar e asustar a pequenos e grandes .
Con Carola e Emma escoitamos e repasamos historias de lobos para distintas idade e observamos as súas ilustracións : descubrimos lobos bos , lobosastutos , lobos non moi listos e algúns lobos malvados .

No debate  esforzámonos por demostrarlles que o lobo non é tan malo como din e  . . . CONSEGUIMOS  A  SÚA  ABSOLUCIÓN ! O Lobo Feroz é libre para seguir divertíndonos !
Moi contentos pola sentenza , respondimos en equipo a unha enquisa e  disfrutamos dos libros  . 
Ao final prometimos volver ! Pódense facer tantas cousas na Biblioteca . . . Moitos xa somos socios e os que non o sodes aínda , A QUE ESTADES ESPERANDO ?

CARTA RECIBIDA ANTES DA VISITA








SENTENZA



Ningún comentario: