19.12.12

CALENDARIO ELABORADO POR 3º DE PRIMARIA

Na clase de Galego o alumnado de 3º de Primaria elaborou un calendario. Inspirados na obra da deseñadora coruñesa NOA BEMBIBRE (http://www.noabembibre.com/catsletnothing.html) decidímonos a traballar por parellas escribindo unha frase “graciosa e orixinal” que tivera dentro as letras que compoñen o nome de cada mes do ano. Houbo que imaxinar, facer borradores, consultar o diccionario e tomar decisións… pero foi moi divertido e aprendimos moitísimo vocabulario.

Ningún comentario: