15.5.17

2º E.P. VISITA "BELAS ARTES"


O venres 12 de maio os nenos e nenas de 2º fomos ao Museo de Belas Artes para participar na actividade Detectives de cadros.
Tivemos que descubrir as historias agochadas en cada unha das pinturas que observamos, que eran de distintas épocas e estilos: A caída de Ícaro de Jacob Peter Gowy, O castigo de Tomás Muñoz Lucena, Paisaxe, Mariña e Mariña surrealista de Urbano Lugrís e A tenda de Carlos Maside. 
Na sala dos artistas galegos tamén observamos e comentamos a técnica pictórica do cadro abstracto Sen título de Manuel Mampaso e chamounos moito a atención a obra surrealista Marcha fúnebre por unha campesiña de Eugenio Fernández Granell.
Para finalizar, fixemos un obradoiro de pintura e colaxe sobre o cadro A tenda de Carlos Maside, que aínda temos que rematar.


Ningún comentario: