12.2.16

1º E.P. VISITAN O "MAC"



Empantallados O 11 de febreiro os nenos e nenas de 1º visitamos no MAC parte da exposición Os rostros do naufraxio e participamos no taller Empantallados. Observamos obras nas que se utilizaron distintos medios e materiais para realizar retratos: a fotografía, o vídeo, a pintura, o plástico e o arame para facer esculturas...Coa axuda dos monitores soubemos interpretar o que os artistas nos quixeran transmitir e aprendimos algunhas técnicas como o uso de moldes para realizar esculturas ou da danza para transmitir emocións. No taller, pasamos polo escenario en grupos de tres para bailar,mentres con cámaras e monitores, nos facían retratos nos que se mesturaban os corpos dos participantes. Seremos capaces de repetir a experiencia o cole?

Ningún comentario: