17.10.13

"XOGO DE PISTAS" PARA HALOWEEN E SAMAÍN

Para celebrar o vindeiro día 30 de outubro o Halloween e Samaín, estamos a decorar o colexio con motivos propios destas datas.

Para iniciar ao alumnado estamos facendo un "xogo de pistas" no que poden participar todos os alumnos e alumnas que o desexen.Onte entregouse a primeira pista e hoxe a segunda que son istas:

1ª PISTA: Creáronme no S.XIX nun país escuro e frío chamado....GORAUEN.

2ª PISTA: O meu creador vivía ...TODATORAMEN.
(Hai que colocar as letras para formar a palabra correcta)
Cada día engadirase unha nova pista.
3ª PISTA: No ano 2004 BUNORAROME do lugar onde estaba e non aparecín ata dous anos despois.

4ª PISTA: Son un ORCAD e dou moito EDMO. Non berredes cando me vexades!!

Ningún comentario: