4.3.13

PROXECTO WARHOL

Neste mes de febreiro estivemos traballando co "Pop Art" e Andy Warhol. Primeiro vimos láminas deste artista e tamén comentamos un libro de arte desta corrente artístista do século XX. Despois fixemos cada un a nosa versión  da coñecida "Flores "(1970), e tamén algúnha versión doutras coñecidas obras deste pintor. Para rematar o proxecto fixemos un retrato de Rosalía de Castro ao modo de Warhol para conmemorar o Día de Rosalía o 24 de febreiro.


Ningún comentario: