22.2.13

RINCÓN DO MÉDICO

Estes días traballamos na aula de 4 anos no "Rincón do médico".Os primeiros días traballamos en consultas externas, revisións e ciruxía, xogando con material do rincón, "radiografías", "ecografías"... pero tamén aprendendo a poñer e dobrar logo as batiñas. Despois a cousa púxose máis seria e fumos escribindo recetas, listas de pacientes.... Hoxe casi rematamos escoitando cada un o seu corazón cun fonendoscopio de verdade e facendo a portada do álbum  xa que pronto levaremos para casa as fichiñas do proxecto.Grazas as familias polas súas aportacións de material e este rincón.

Ningún comentario: