21.2.13

PROXECTO MAN

Na clase de galego de 3º de Primaria estamos desenvolvendo un proxecto sobre unha personaxe que nos ten engaiolados:Man, o Alemán de Camelle.Despois de recoller información por diversas fontes, de ver algún vídeo sobre a súa vida e de dar un paseo "virtual" por Camelle (con Google Maps)decidimos que para repostar a todas as nosas preguntas sobre este artista precisábamos información de primeira man.Foi así como contactamos coa Fundación Man e recibimos a visita da súa Presidenta (Mercedes Martín) e de dous voluntarios;trouxéronnos algúns dos cadernos de Man, moitísimas fotos, obras feitas con material de refugallo recollido na praia,...E puidemos escoitar anécdotas contadas por persoas que conviviron con él.
MOITAS GRAZAS Merce, Marina e Nacho!!

Ningún comentario: