7.11.12
MONDRIAN NA AULA DE 4 ANOS
As semanas antes de Samaín na clase de 4 anos traballamos ca obra do pintor holandés Piet Mondrian. Pintamos, recortamos, pegamos, manipulamos bloques lóxicos e experimentamos con pezas de construccións das cores e formas xeométricas empregadas polo artista sobre fondos en branco e negro. Na PDI vimos algún vídeo para nenos/as e traballamos cunha aplicación para facer cadros ao modo de Mondrian (isto foi o peor de todo porque a aplicación non funcionaba moi ben). Este é o resultado da nosa experiencia. E ata o próximo artista !
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario