18.2.18

2º E.P. VISITA A BIBLIOTECA "SAGRADA FAMILIA"


O xoves 15 de febreiro os nenos e nenas de 2º visitamos a Biblioteca Municipal Sagrada Familia para participar no xuízo

ao Lobo Feroz. As bibliotecarias do noso barrio querían botalo dos contos por facer mal e enganar a pequenos e maiores! Despois de buscalo

capturalo en varias historias clásicas e actuais e de moito deliberar, logramos convencelas de que tamén hai lobos de conto moi bos. A SENTENZA FOI

FAVORABLE ao lobo! Celebrámolo creando entre todos unha nova versión de Os tres porquiños.

Para rematar, contestamos a un cuestionario, demostrando ter aprendido moito sobre o mundo dos libros e o funcionamento dunha biblioteca, e eliximos un libro para levar e disfrutar lendo na casa. 

Ningún comentario: