1.4.17

TINXIDO DE TEAS



Algúns profes deste cole estamos facendo un Curso de Fomación e aproveitamos para facer a parte práctica cos nenos e nenas das nosas aulas.
A actividade cosistíu nun tinxido de teas coa técnica "Hapa Zome" a cargo da artista textil Charo Belda.
Cortábamos as teas,poñíamos as flores,dobrábamos as teas e a petar co martelo ata que saira a cor. Despois de retirar os restos de flores había que planchar para fixar a cor, cousa que aínda nos levará un tempo ata que estén ben secas as teas.
Con todo esto faremos un tapiz para a biblioteca no que ademáis irán debuxados os percorridos que os nenos fan desde a súa casa ata o cole e que previamente eles xa debuxaron.
Moitas grazas ás familias por colaborar e aos nenos de 6º por axudarnos.

Ningún comentario: