4.9.16

BENVIDOS AO CURSO 2016/2017

Xa estamos de volta!
As portas do cole vólvense a abrir de par en par.Os profesores xa estamos preparando as aulas para recibirvos.Algúns regresades con alegría,os máis pequenos temerosos por ter que desprenderse de papá e mamá;novos compañeiros compartirán momentos de infancia, tal vez os máis importantes da súa vida.Os máis maiores reencontraranse con compañeiros e mestres.
 Aquí estaremos para que este novo curso transcurra con ilusión, aprendizaxe e moita, moita alegría.
Comezamos esta andadura o 12 DE SETEMBRO ÁS 9:00H.
Recordade que hai que ser puntuais.

Ningún comentario: