30.5.16

MONTE E ILLAS DE SAN PEDRO








Os días 24 e 25 de maio os nenos e nenas de primeiro participamos
no programa de Educación Ambiental Vexo, vexo Monte e Illas de San Pedro.
O día 24  preparamos a visita vendo na aula unha proxección sobre os animais e as plantas da zona. Despois do audiovisual, construímos un cubo con imaxes dos animais
do parque.
O día 25 fixemos unha interesante visita guiada polo Parque de San Pedro con varias paradas para observar e recoñecer distintos elementos naturais.
Dámoslle as grazas a Mónica, a nosa monitora, polo seu labor e a súa
grande paciencia!

Ningún comentario: