Empantallados
O 11 de febreiro os nenos e nenas de 1º visitamos no MAC parte da exposición Os rostros do naufraxio e participamos no taller
Empantallados.
Observamos obras nas que se utilizaron distintos medios e materiais para realizar retratos: a fotografía, o vídeo, a pintura, o plástico e o arame para facer esculturas...Coa axuda dos monitores soubemos interpretar o que os artistas nos quixeran transmitir e aprendimos algunhas técnicas como o uso de moldes para realizar esculturas ou da danza para transmitir emocións.
No taller, pasamos polo escenario en grupos de tres para bailar,mentres con cámaras e monitores, nos facían retratos nos que se mesturaban os corpos dos participantes.
Seremos capaces de repetir a experiencia o cole?
Ningún comentario:
Publicar un comentario