13.4.15

2º E.P. VISITA "BONILLA"


O luns 13 de abril os nenos e nenas de segundo visitamos a fábrica de patacas fritidas Bonilla no Polígono de Sabón .
Fomos no autobús cos nenos e nenas de 4 anos do CEIP Alborada .
Ao chegar puxémonos unhas batas brancas e un dos traballadores acompañounos    para explicarnos o proceso de fabricación . Vimos como se lavan , como se pelan , como se friten e como se embolsan as patacas e tamén como se embalan as bolsas en caixas e como se almacenan as caixas ata que se transportan. Case todo está feito por máquinas !

Ningún comentario: