10.4.14

FANTASMAGORÍAS


O mércores 9 de abril os nenos e nenas de 1º estivemos no MAC
para participar na actividade Fantasmagorías e comprobar que as novas tecnoloxías están moi presentes na arte contemporánea.
          Comezamos dando un paseo para coñecer e comentar algunhas fotografías de cidades de Paco Gómez . Á artista María pedíronlle que debuxara unha xoaniña . Logo de fotografala e usando un pequeno proxector, vimos como a xoaniña aparecía na obra Tapia
e árbore coma se fora un graffiti !
         Nesta exposición tamén había obras que se proxectaban sobre as paredes da sala . Gustounos moito unha instalación que representaba unha praia : había un areeiro de verdade e na proxección as ondas do mar traían cadros antigos !
         Para rematar fixemos un divertido taller artístico onde aprendimos a proxectar imaxes para crear obras de arte . Utilizamos uns proxectores que son moi fáciles de fabricar na casa . Regaláronnos algunhas pezas para que poidamos facer un para a aula e poder dese xeito recuperar as cabezas que desapareceron dalgunhas das nosas fotos !
        
        
        
        

         

Ningún comentario: