25.4.13

PARTICIPACIÓN NO XIII REBUMBIO MATEMÁTICO

En representación dos alumnos e alumnas de 6º curso de primaria do noso centro van participar no XIII Rebumbio Matemático, que se celebrará o 26 de abril no Forum Metropolitano o equipo formado por Clara Valerio, Mariña Neira e Andrea García.
Resolverán exercicios e problemas matemáticos tales como o seguinte:

Adiviña, adiviña,...
"Un número de tres cifras é impar e capicúa.
A cifra das decenas é maior que tres e é igual á suma das outras dúas cifras.
¿Que número é?

¡Moita sorte!




Ningún comentario: