22.3.13

2º DE PRIMARIA NO MUSEO DE "BELAS ARTES"

Os nenos e nenas de 2º fixemos un pequeño percorrido polo Museo de Belas Artes . Vimos esculturas e cadros nos que se representaba unha acción. Entre todos tivemos que descubrir como conseguira o artista crear a sensación de movemento.
Tamén nos falaron do  que contan os cadros :historias mitolóxicas como a de Ícaro ou a de Hércules ou o xeito de realizar en distintas épocas algunhas actividades como xogar ás cartas , mercar nunha tenda ou guiar un carro de bois .
Despois da visita traballamos cunha lámina de A tenda de Carlos Maside que recreamos a través da pintura e o collage con gomets , distintos tipos de papel . . .

Ningún comentario: