19.12.12

CARTA AOS REIS MAGOS


ESCRIBINDO A CARTA AOS REIS MAGOS
Nas aulas de Infantil fixemos una carta colectiva para os Reis Magos. Cada neno e nena tiña que escribir o que pedía e logo fomos poñendo tódas as peticións na cortiza da entrada.
Foi un traballo duro (como somos moitos e poñer máis texto era imposible había que escoller só un agasallo!!!) pero moi motivador.
Os resultados correspóndense claramente ás diferentes idades do alumnado e á etapa de escritura na que se atopan: dende culebriñas, raias, pseudo-letras, etc… ata moitos que escriben unha letra por cada sílaba ou outros que xa teñen unha escrita máis ou menos convencional e lexible.
Podedes pasar a ver a petición dos vosos fillos e fillas cando queirades. Agora só falta que os Reis tamén as lean e cumplan os desexos de todos eles!

Ningún comentario: