12.5.12

OS DE 3 ANOS NA PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA

A clase de 3 anos ven traballando tódolos venres coa PDI actividades cos nomes dos nenos da aula para iniciarse na aprendizaxe das letras. Ao principio todo era moi dificil: a dificultade de atopar as letras (os primeiros venres as vogais e agora xa algunhas consoantes) nos carteis dos nomes dos nenos da clase sumábanse moitos inconvintes: apoiar só unha man na PDI, non facer sombra,chegar aos carteis altos, sentirse seguros na tarima... ata os sons de felicitación lle daban medo a algún! Menos mal que agora atopamos un son que non nos da medo: o canto dun galo que soa cando a letra buscada está no nome para indicar que o fixemos ben!

Ningún comentario: