16.3.12

XOSÉ TOMÁS


O venres 16 de marzo os nenos e nenas de 1º e 2º estivemos con Xosé Tomás, ilustrador,humorista gráfico e profesor de inglés no IES Melide.
Aínda que traballa en diferentes campos,a maior parte da súa obra está dedicada á ilustración infantíl e xuvenil.Entre os moitos libros que leva ilustrado atópase o "Souto escuro e perigoso",o libro que limos este trimestre.
Contounos,através de debuxos,como colaboran un escritor e un ilustrador;debuxou os medos de Roi e de Sara e as escenas que Inés lía;aprendeunos a "cociñar historias" das que saíron o pirata malvado que durme nunha nube e a profesora tola que baila nun coche de carreiras e,coa axuda de todos,inventou e regalounos a Perogrullo,novo compañeiro de soños e aventuras.Para rematar,dedicounos,a cada un de nós,o noso libro.Que contentos quedamos!
GRAZAS,XOSÉ TOMÁS por todo,especialmente,pola inxección de imaxinación.MOITOS BICOS E VOLVE VISITARNOS AXIÑA.

Ningún comentario: